PRUEBAS EN SECO DEL PROYECTO SEALAB

llegada_cetmarNo Proxecto SEALAB puxémonos a máscara e, malia os contratempos consecuencia da epidemia de COVID-19, non paramos de avanzar en todos estes meses.

Dende o pasado mes de Setembro temos instalada a nosa embarcación SEALAB no taller do Centro Tecnolóxico do Mar para a realización das primeiras probas de validación.

O persoal das empresas do consorcio –INDROPS, IMATIA e FERRI- e dos organismos subcontratados -INL e CETMAR- encargado de levar a cabo os desenvolvementos de SEALAB está traballando intensamente para deixar todo ben atado para o seguinte paso que daremos como consorcio: ¡¡¡as probas de mar!!!

Os sistemas de propulsión térmico e eléctrico xa están perfectamente coordinados para poder alternar o seu funcionamento en un modo teleoperado, sempre con axuda dos sistemas de comunicación e posicionamento, grazas ao traballo coordinado de FERRI, IMATIA e CETMAR. Por outro lado o laboratorio portátil, a falta duns pequenos retoques froito do traballo destes días, está listo para traballar nun entorno real e poder tomar mostras de auga de mar e realizar perfís de parámetros fisicoquímicos de modo automático simulando a operación tal e como se leva a cabo nun mostraxe tradicional. O traballo de FERRI, INDROPS e IMATIA nesta actividade así o poden garantir. Ase mesmo, a intensa labor levada a cabo por INDROPS, INL e IMATIA permiten que todo estea a punto para integrar os nanosensores, a nosa achega ás Tecnoloxías Esenciais Facilitadoras, de algunhas das sustancias prioritarias sinaladas pola Unión Europea na súa directiva 2013/39/EU -Atrazina, Diuron, Terbutrín e Benzo(a)pireno-. IMATIA ultima os derradeiros detalles da súa plataforma de xestión de operacións e da súa aplicación para o persoal de campo que permiten coordinar as mostraxes organizando e optimizando o uso de recursos e operar o servizo SEALAB in situ respectivamente.

Pronto teredes novas noticias dos seguintes pasos de validación do prototipo e do resto de actividades que teñamos previstas nas próximas semanas no marco do proxecto SEALAB, financiado pola Axencia Galega de Innovación co seu programa CONECTA PEME 2018 con fondos FEDER.

 

IMATIA_pantallazo